Xesús Fraga
O xurado da XLIV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación Literaria, formado por Mercedes Corbillón, libreira da Libraría Cronopios; Inma Otero, crítica e profesora; Isabel Mociño, crítica e profesora da UDV; Olga Novo, escritora, gañadora edición 2020; Ismael Ramos, escritor; Carlos Vizcaíno Fernández, crítico e profesor da UDC e Xavier Senín Fernández, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Illa decepción de Berta Davila (Galaxia); Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga (Galaxia) e O pintor cego de Xabier DoCampo (Kalandraka).
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga (Galaxia).
O xurado salientou da novela, entre outros aspectos: a perspectiva novidosa da emigración e centros cosmopolitas europeos; a construción dunha época que visibiliza e dignifica as mulleres emigrantes galegas; e a creación dun universo autoficcional sen condescendencias nin tampouco mistificación no que o narrador adopta unha posición discreta.