Manuel Vilanova

Manuel Vilanova (Barbantes, 1944)  é un escritor galego. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese sobre Luis Cernuda. Comezou escribindo en castelán pero pronto se decidiu polo galego co libro A tarde chaia de verán. Como poeta está considerado como un dos que marcou a paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta. Na actualidade exerce como catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura galega en Vigo.

Entre a súa obra poética destacan A tarde cheia de verán (1979), E direi-vos eu do mister das cobras (1980), A lenda das árbores de prata (1985) e Nin sequera no ceo (2011), entre outras.