Alfredo CondeAlfredo Conde Cid (Allariz, 1945) é un escritor galego.

Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado. Foi deputado no Parlamento Galego como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.

Texto: Galipedia

Foto: El País