Bieito Iglesias Arauxo

Bieito Iglesias Araúxo (Ourense, 1957) é licenciado en Historia Contemporánea e Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos, Dorna e Luzes). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume “Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista” (1991). Como narrador ten publicados, entre outros: “Luanda” (1990); “Vento de seda” (Xerais 1992); “Miss Ourense” (1994); “A noite das cabras do aire” (Xerais 1999); “A vida apoteósica” (Xerais 2001) ou “A historia escríbese de noite” (2001).

 

Texto: Editorial Xerais.