Alfonso PexegueiroAlfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948) é un escritor galego.

Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 en colaboración co Grupo Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redación da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.

Da súa obra poética cómpre salientar o poemario Seraogna (1976), libro anovador considerado po algúns críticos como precursos dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega. Con Mar e naufraxio obtería o Premio da Crítica Galicia de 1978. No eido da narrativa publica Relatos para salferir (1981) e Desatinos dun maldito (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con¿Serán os cisnes que volven (1995) e Hipatia (1998).