Ramiro Fonte

Ramiro Fonte (Pontedeume 1957- 2008) foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega.

Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna. Membro correspondente da Real Academia Galega, nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.

Entre a súa extensa e valiosa obra destacan “Designium” (1984), “Aves de paso” (1990) e a triloxía “Os meus ollos”, “Os ollos da ponte” e “As pontes no ceo” (2003-2007).