xavier-alcala

Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947), enxeñeiro de Telecomunicación e doutor en Informática. Alén da súa profesión, iniciou carreira literaria en 1966 como letrista de cancións. Columnista de xornais desde 1971, é tamén autor de contos, novelas e libros de viaxes: máis de cincuenta títulos entre os que salienta A nosa cinza con 16 edicións desde 1980. O seu último traballo é a triloxía Evanxélica memoria: Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).

(Foto: Ézaro Edicións)