Anxos_Sumai1

María Anxos García Sumai, nada en Catoira en 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.

Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal Cultura Galega, onde tivo as seccións Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura. Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección “Hemisferio Oeste” (2003-2004).