Antón Risco

Antón Risco (Allariz, 1926 – Vigo, 1988) foi un escritor galego. 

Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Toulouse, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse en Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Lavale. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.

É autor de numerosos traballos de teoría e crítica literaria, sendo especialista na obra de Valle-Inclán. Tamén é coñecido pola súa obra de ficción en galego, na que destacan títulos como “Memorias dun emigrante” (1986), polo que recibiu o  Premio da Crítica española, “O caso” e “As metamorfoses de Proteo”, polo que recibiu o  Premio da Crítica de Galicia.