Premios da Crítica de Galicia

Dende 1978 e de forma ininterrumpida, os Premios da Crítica Galicia veñen recoñecendo cada ano a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.

Xerados dende a iniciativa da sociedade civil, anticipándose ao inicio da Autonomía, os Premios da Crítica Galicia –unha plataforma plural, independente e interxeracional– asumen como o seu obxectivo sobranceiro o de tomar o pulso do latexo da nosa creación cultural. Un traballo en man común e en clave de país cuxa continuidade contribúe a acrisolar a tradición galega.

Presidente fundador: Bieito Ledo Cabido

Presidencia: Manuel Bragado Rodríguez
Vicepresidencia primeira: María Dolores Cabrera Iglesias
Vicepresidencia segunda: Inmaculada López Silva
Secretaría: Malores Villanueva Xesteira
Vicesecretaría: Xavier Senín Fernandez
Tesourería: Anxo X. Rajó

Vogalías:
Paula Cabaleiro Comesaña
Mariana Fernández Carballal
María Xosé Porteiro García
Paz Raña Lama

Membros:
Afonso Vázquez Monxardín
Alba Nogueira López
Antón Pulido Novoa
Antón Sobral Iglesias
Anxo Tarrío Varela
Blanca-Ana Roig Rechou
Claudia Morán Mato
Ernesto Sánchez Pombo
Eulalia Agrelo Fernández
Jorge Mira Pérez
Ledicia Costas Álvarez
Luis Marconi Suárez
María López Sández
Míriam Ferradáns
Modesto Hermida García
Ramón Nicolás Rodríguez
Víctor Fernández Freixanes
Xabier Limia de Gardón

Xosé Manuel Sande
Xosé Manuel Soutullo
Xosé María García Palmeiro