Chus Pato, BMPR2, proxecto «Nomes e voces», programa «Efervesciencia», Orquestra Vigo 430, Almudena Fernández, Tanxarina, Jaione Camborda, Feira do Queixo de Friol e Café Derby 21 foron galardonados.
No acto será homenaxeado Antón Pulido no seu 80 aniversario, tras a gabanza do escritor Modesto Hermida García e o ditame dos galardóns nas súas dez modalidades.
Por vez primeira outorgaranse en dez modalidades o 19 de outubro en Vigo.
Berta Dávila en Creación literaria, Carlos Callón en Investigación, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Iniciativas Culturais e Científicas, As Tanxugueiras en Música, Teresa Táboas en Artes Plásticas, Teatro Ensalle en Artes Escénicas, Pepe Coira en Cine e Artes Audiovisuais e Estrelas no Camiño en Cultura Gastronómica resultaron gañadoras.
A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2023 se celebrará o sábado 28 de outubro no centro social Afundacion de Vigo, acto no que se recoñecerá a Bieito Ledo Cabido como presidente fundador da entidade. Así mesmo nomeou as persoas que formarán parte dos xurados de cada unha das oito modalidades.
Manuel Rivas, Xavier R. Madriñán, A Cove de Eirós, Ugia Pedreira, Mónica Alonso, Chévere, Atalante e María Varela, galardonados
A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame da XLVª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2022 se celebrará o sábado 19 de novembro no centro social Afundacion de Vigo. Así mesmo nomeou os membros dos xurados de cada unha das oito modalidades.
Xesús Fraga (Creación Literaria), Miguel Anxo Seixas (Investigación), Viñetas desde o Atlántico (Iniciativas Culturais e Científicas), Alejo Amoedo (Música), Manuel Ayaso (Artes Plásticas), Erregueté (Artes Escénicas), Margarita Ledo (Cine) e Queixaría Airas Moniz (Cultura Gastronómica) resultaron premiadas.
Poden presentarse candidaturas até o 30 de setembro. O ditame coñecerase o sábado 13 de novembro.
Gravación da rolda de prensa celebrada o 21 de novembro en Vigo.
Texto das actas do xurados.
Ditaminaranse o 21 de novembro no centro social Afundacion de Vigo.
Moncha Fuentes (Creación Literaria), Satélite Lume-1 (Investigación), Festival de Poesía do Condado (Iniciativas Culturais e Científicas), Xan Carballal (Música), Soledad Penalta (Artes Plásticas), Rut Balbís (Artes Escénicas), Lucía Freitas (Cultura Gastronómica) e a «Fariña» (serie) (Cine e Artes Audiovisuais) resultaron gañadoras
José Luís Mascareñas (Investigación), Xabier P. DoCampo (Creación literaria), Mercedes Peón (Música), Ana Romaní (Iniciativas Culturais e Científicas), Federación de Razas Autóctonas BOAGA (Cultura Gastronómica), Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (Artes Escénicas) e Javier Alonso de la Peña (Artes Plásticas) foron as persoas e entidades gañadoras.
O ditame da XLIª edición dos Premios da Crítica de Galicia coñecerase o vindeiro 3 de novembro.
Manuel Antonio Fraga, Marcos Pérez Pena, Programa Conciencia, Luís Emilio Batallán, María Luisa Sobrino, Flor Maceiras, Festival S8 e Grupo Nove, premiados.
A celebración deste aniversario terá lugar nun acto aberto ao público que comezará ás 12 h. do sábado, 20 de maio, na sede de Afundación (Policarpo Sanz, 26, en Vigo).
A XL edición dos Premios da Crítica de Galicia ditaminarase en Vigo o 4 de novembro de 2017.
María do Cebreiro por «O deserto», Blanca Roig por «Historia da literatura infantil e xuvenil galega», Uxía, Obsevatorio da Mariña pola Igualdade, Gabriel Tizón, Teatro do Atlántico, Alberte Pagán e Artesáns da Pesca resultaron gañadores.
Novidades principais desta XXXIXª, que se ditaminará en Vigo o 19 de novembro de 2016 baixo o lema «En irmandade», son a creación dunha nova modalidade de «Cine e Artes Audiovisuais» e a modificación do descritor da de «Iniciativas Culturais» como de «Iniciativas Culturais e Científicas».
Agustín Fernández Paz por «A viaxe de Gagarín», Xosé Ramón Pena por «Historia da Literatura Galega», Cineuropa, Guadi Galego, A Panadaría Teatro por «Pan, pan», Xaquín Marín e Miguel Vila resultaron gañadores.
Reserva a túa praza antes do 5 de novembro.
Xa poden descargarse as bases da convocatoria dos Premios da Crítica Galicia 2015 nas súa sete modalidades (Creación, Investigación, Iniciativas Culturais, Música, Artes Plásticas, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica). O ditame dos xurados darase o coñecer o 7 de novembro nun xantar que se celebrará en Vigo.
Galería de fotos de Julio Alonso sobre as reunións dos xurados e o xantar no que se deu a coñecer o ditame o 11 de outubro no Hotel Os Escudos.
«Costa do Solpor» de Xosé Maria Lema, «Estilística da lingua galega» de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Ciclo de Poetas Di(n)versos de Yolanda Castaño, Berrogüetto, Antón Pulido, «Costa da morte» de Lois Patiño e Grupo Cuevas, resultaron gañadores.
Reserva a túa praza para o xantar dos Premios da Crítica Galicia 2014.
Xa poden descargarse as bases da convocatoria dos Premios da Crítica Galicia 2014 nas súa sete modalidades (Creación, Investigación, Iniciativas Culturais, Música, Artes Plásticas, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica). O ditame dos xurados darase o coñecer o 11 de outubro nun xantar que se celebrará en Vigo.
Galería de fotos de Julio Alonso das reunións dos xurados, do xantar e do acto de entrega dos premios celebrada no Hotel Os Escudos de Vigo o 19 de outubro de 2013.
Xabier Cordal por «Transmuta», Xosé Ramón Barreiro Fernández por »Murguía», Culturgal, Taller Atlántico Contemporáneo, Xulio Gil e Voadora, resultaron gañadores.
Celebraranse o 19 de outubro de 2013, a partir das 14:00 horas, no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos de Vigo.
Xa poden descargarse as bases da convocatoria dos Premios da Crítica Galicia 2013. O ditame dos xurados darase a coñecer o 19 de outubro.
Dentro da xeira de «Sábados Culturais», o vindeiro 8 de xuño, ás 12:00 horas, os criticos de arte Xosé Carlos López Bernárdez e Antón Castro e o pintor Antón Pulido debaterán na Casa Galega da Cultura de Vigo.
No marco da xeira dos «Sabados Culturais» o pasado 4 de maio Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, pronunciou a conferencia titulada «Cantares gallegos: unha nova interpretación?»
Un concerto na praza da Princesa do cuarteto Os Caramuxo pechou a xornada dos «Sábados Culturais» do 27 de abril dedicada á música galega.
Pode baixarse en pdf o traballo de Ernesto Sánchez Pombo onde se realiza un achegamento histórico ao que foi a traxectoria ininterrompida dos nosos premios, dende a súa fundación en 1978, con especial atención aos seus cinco primeiros anos.
Aqui podes ler o documento redactado de forma mancomunada en 1978 polos membros do Círculo Ourensán Vigués.
No acto, celebrado na Casa Galega da Cultura de Vigo, presentouse o libro «Premios da Crítica Galicia. 35 anos de Cultura».
Agustín Fernández Paz, Patricia Fra, un membro da Asociación Galega de Compositores, Carmen Nogueira e dous membros da xunta directiva da asociación «O sorriso de Daniel» tras a entrega dos galardóns.
Agustín Fernández Paz, Patricia Fra, Asociación de Compositores Galegos, Asociación «O sorriso de Daniel», Carmen Nogueira e Xosé Manuel Olveira »Pico» resultaron gañadores.
As persoas que desexen reservar a súa praza para participar na cea do 17 de novembro xa poden facelo chamando ao teléfono 629 58 78 07 ou escribindo ao correo anxorajo@hotmail.com
Celebraranse o sábado 17 de novembro de 2012, ás 20:30 horas no Hotel Os Escudos de Vigo.
Chamamento a partidos e organizacións políticas con motivo do 21-O
A Bodega Martín Codax acolleu o 16 de xuño de 2012 un xantar de irmandade no que participaron unha representación dos premiados.
Ana Romaní, Ángela de la Cruz, Jorge Mira, Son de Seu, Proxecto Terra e Chévere foron os premiados na pasada edición do 2011.
Premio da Investigación polo seu estudo das similitudes das linguas en competencia e polo seu labor de divulgación científica.
Na modalidade Musica, a elección recaeu na orquestra folk Son de Seu, agrupación que dirixe Rodrigo Romaní.
No apartado de Artes Escénicas e Audiovisuais o traballo premiado foi Citizen, de Chévere.
Na modalidade de Artes Visuais, o premio recaeu en Ángela de la Cruz «pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva».
Na modalidade Iniciativas Culturais o premio foi para o Proxecto Terra polo seu impulso para a reflexión sobre o patrimonio e a paisaxe galega.
Na modalidade de Creación Literaria, Ana Romaní gaña o premio polo seu libro Estremas
Creación Literaria, 2024
Investigación en Ciencias e Tecnoloxía, 2024
Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, 2024
Iniciativas Culturais e Científicas, 2024
Música, 2024
Artes Plásticas, 2024
Artes Escénicas, 2024
Cine e Artes Audiovisuais, 2024
Cultura Dixital, 2024