Novas

Xurados dos Premios da Crítica de Galicia 2018

O sábado 3 de novembro de 2018 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XLIª edición dos Premios da Crítica de Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literaria: Antonio Manuel Fraga, escritor, gañador da edición 2017; Yolanda Castaño, poeta e xestora cultural; María Xesús Fernández Fernández, profesora e crítica; María Xesús Nogueira, profesora da USC e crítica; Susana Sánchez Aríns, profesora e crítica; Miro Villar, profesor e crítico; Ramón Nicolás Rodríguez, secretaría, APCG.

Investigación: Clara V. Álvarez, profesora de Fisioloxía na Facultade de Medicina da USC e directora do Grupo de Investigación sobre Neoplasias e Diferenciación Endocrina no CiMUS; Ángel Manuel Sánchez Bermúdez, catedrático de Enxeñería Química da UVigo; Felipe Criado-Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT); Nieves Lagares, profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC; Rubén Lois González, catedrático da facultade de Xeografía e Historia da USC e vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional; Victoria Otero Espinar, matemática e Vicerreitora de  Titulacións da USC e Malores Villanueva, secretaría, APCG.

Iniciativas Culturais e Científicas: Jorge Mira, catedrático da USC, gañador da edición anterior; Alberto Barciela, xornalista; Hakam Casares, Observatorio da Cultura Galega; Delfín Caseiro, catedrático de Lingua e literatura; Sonia Díaz, comunicadora e xestora cultural; Xulia Santiso, xestora cultural, directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán e Malós Cabrera, secretaría, APCG.

Música: María Costas, cantante e actriz; Xulia Feixoo, etnomusicóloga, percusionista de Rodrigo Romaní Trío; Sonia Lebedynski, cantante; Xosé Manuel Pereiro, xornalista, codirector da revista Luzes; Mercedes Rosón, subdirectora da Área de Cultura da USC; Maximino Zumalave, director de orquestra e Paz Raña Lama, secretaría, APCG.

Artes Plásticas: María Luisa Sobrino, gañadora da edición anterior; Alberto González Alegre, comisario e crítico; Fran Herbello, fotógrafo, director do IES Audiovisual de Vigo; Chelo Matesanz, artista e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Andrés Meixide, ilustrador e humorista gráfico; Ruth Varela, arquitecta e escritora e Ledicia Costas, secretaría, APCG.

Artes Escénicas: Flor Maceiras, directora da Escola Municipal de Teatro de Narón, gañadora da edición anterior; Carlos Sante, actor, coordinador do proxecto internacional en técnicas de clown Hangar Manicómico; Irene Moreira Fontán, directora en Sala Ingrávida, profesora da ESAD; Antón Lopo, crítico e editor; Begoña Cuquejo, directora escénica e coreógrafa; Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro e Mariana Carballal, secretaría, APCG.

Cine e Artes Audiovisuais: Ángel Rueda, gañador da edición anterior; Tamara Canosa, actriz; Pepe Coira, guionista; Ángeles Huerta, directora; Avelina Rodríguez, crítica de cine do Faro da Cultura; Marta Villar, directora de arte e Xavier Senín, secretaría, APCG.

Cultura Gastronómica: Alberto González Prelcic, cociñeiro, en representación do Grupo Nove, gañador da edición anterior; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista da TVG; Taciana Díaz Mariño, xornalista; Manuel Hermo Piñeiro, profesor da escola de Hostelaría de Pontevedra; María Mosquera Leal, e-asesora, colaborador ada revista Benbo; Alejandro Rubín Carballo, director de Expourense e Luís Marconi Suárez, secretaría, APCG.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores, produtores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 8 de outubro de 2018. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Ramón Nicolás Rodríguez.

Investigación: Malores Villanueva Gesteira.

Iniciativas Culturais e Científicas: María Dolores Cabrera Iglesias.

Música: Paz Raña Lama.

Artes Plásticas: Ledicia Costas Álvarez.

Artes Escénicas: Mariana Fernández Carballal.

Cine e Artes Audiovisuais: Xavier Senín Fernández.

Cultura Gastronómica: Luís Marconi Suárez.