_NIK9900

O xurado da modalidade de Investigación, formado por María Xosé Agra Romero, Senén Barro Amenedo Miguel Barros Puente, Domingo Docampo Amoedo, Uxío Labarta Fernández, Isabel Mociño e Blanca-Ana Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar  por maioría a Jorge Mirapor  liderar un traballo titulado A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten, realizado cos seus colegas Luís Seoane e Juan Nieto, publicado en inglés nunha das revistas máis prestixiosas, e seleccionado polo ArXiv Physics Blog que acolle diariamente a mellor idea de entre todos os traballos publicados no Physics Arxiv un dos principais colectores de artigos científicos do mundo. Neste artigo hai un achegamento concreto ao caso galego e non se augura a desaparición da lingua seguindo os parámetros usados, aínda que si se comenta que perdería uso, de non ser suficientemente apoiada. Un traballo, dos poucos, que concilian a investigación en ciencias experimentais coas humanidades e as ciencias sociais  e que tivo e está a ter unha grande recepción e impacto en Galicia e nos circuítos científicos internacionais.

Un investigador que contribue á comunicación da cultura científica con traballos como A Ciencia no punto de mira, publicado por Auga Editora, por poñer ao alcance da sociedade, cunha linguaxe sinxela, os beneficios da investigación, utilizando o galego como vehículo da universalización da ciencia.