Narciso de Gabriel

Narciso de Gabriel (O Cádavo, 1955) é Catedrático de Teoría e Historia de Educación na Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación atópanse a escolarización e alfabetización, a cultura escolar popular, a profesión docente e a escolarización e lingüística en Galicia.

Algunhas das súas publicacións máis destacadas son: “Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural” (Universidade de Santiago de Compostela, 1989), “Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia” (Edicións do Castro, 1990) e “Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas no século XIX e XX” (Universidade da Coruña, 2006).