Lourenzo Fernández Prieto
Lourenzo Fernández Prieto (Villagüiz, 1961) é un historiador galego. Doutorado en Santiago cunha tese sobre a innovación tecnolóxica na agricultura galega contemporánea, completou a súa formación con estadías no Institute of Historical Research da Universidade de Londres e noutras universidades e centros de investigación, a máis recente no Department of Geography do University College Cork. Foi director do Departamento de Hª Contemporánea e de América (1997-2005) e Secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico.

Especializado en Historia Agraria e Historia do século XX, traballa principalmente sobre o cambio tecnolóxico e os cambios na sociedade rural contemporánea. Ten publicado máis de 75 traballos científicos e é autor e editor de 10 libros, entre outros: “Labregos con ciencia” (1992), “La sociedad rural en la España contemporánea” (1996), “Poder local, élites e cambio social na Galicia non urbana” (1997) e “Terra e Progeso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea” (2000).