Xosé Manuel Carballés Vázquez publicou en 1982 o primeiro traballo de investigación matemática en galego baixo o título Clases características dun frebado foliado suma. O profesor do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela recibiu o Premio da Fundación da Crítica por este traballo en 1983.