miguel-barros-1

Miguel Barros (Carballedo, Cotobade, 1944) é Conselleiro Delegado do consello de administración do Xornal de Galicia e membro do consello de administración de Promocións Culturais Galegas, S. A. É Doutor en Ciencias Políticas e da Administración e mestre, publicou os libros Discurso e tempo(2005) e Ramón Piñeiro nas olladas do galeguismo (2009).

É autor da primeira tese doutoral sobre Ramón Piñeiro, publicada en edición de Galaxia baixo o título Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo.

(Texto da Editorial Galaxia)