Ramón MáizRamón Máiz (Tenerife, 1953), doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é Catedrático de Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.  

Ten publicado varias monografías, entre as que destacan: “Alfredo Brañas: el ideario político del regionalismo católico-tradicionalista””O Nacionalismo Galego: organización e ideoloxía (1897-1904)”, “As Institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia”, “Los nacionalismos en la España de la II República” e “Edición crítica de ‘Sempre en Galiza’; A Idea de Nación”. Ademais publicou artigos en revistas especializadas e libros colectivos.