Cancioneiro Popular Galego

O cancioneiro popular galego, compilado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina en 1978, é a pedra basilar da recuperación da nosa música tradicional. Este está composto por sete volumes editados pola Fundación Barrié, actualmente tamén dispoñibles na Rede. Deste xeito pódense consultar melodías, partituras e letras de grande parte da música tradicional galega. Unha achega fundamental para a conservación do noso patrimonio musical.