consello

Juan Durán é un compositor e profesor de música galego.

Foi profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña (1987-1997), no que desenvolveu os cargos de Xefe de Estudos e Director. Desde 1997 a 2005 foi Asesor-técnico de Ensinanzas Artísticas daConsellería de Educación da Xunta de Galicia. No 2006 exerceu o cargo de Xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial. Na actualidade, pertence ao Corpo de Inspectores de Educación, na especialidade de Ensinanzas Artísticas, e desempeña o cargo de Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de piano, no campo do acompañamento e a música de cámara. Pero a súa verdadeira dimensión atópase na creación musical. Socio fundador da Asociación Galega de Compositores, é autor de case un centenar de obras. Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música de cámara.

A súa produción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos, etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (O arame con texto orixinal de Manuel Lourenzo), dúas cantatas e unha importante produción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en castelángalegoportuguésitaliano e francés. Atende tamén a produción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: Album de Orquesta (Premio de Composición outorgado pola Universidade Carlos III de Madrid), O xardín de MargaritaO Señor Biscuit, etc.

Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Longa noite de pedra, cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (Juegos tímbricos para quinteto de metais), Orquestra Sinfónica de Galicia(Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de Miguel Anxo Fernán-Vello), Festival Mozart (felizcumpleañosmozart.com), a Real Filharmonía de Galicia(Divertimento), etc.

O seu compromiso coa música galega maniféstase, tamén, en traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de Juan MontesJosé Castro “Chané” ou Marcial del Adalid, de quen reconstruíu a súa ópera Inés e Bianca, por encargo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

(Texto: Galipedia)