Coro de Cámara do Orfeón Terra A Nosa

O Orfeón Terra A Nosa foi fundado en 1966 polo franciscano Manuel Feijoo e dirixido dende 1984 por Miro Moreira. Este adica unha especial atención á recuperación do patrimonio musical das catedrais galegas. Gravou con importates orquestras e conxuntos de música antiga (Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Galicia, Capela Compostelana) e ten participado en  festivais nacionais e internacionais como na Abadía de Sylvanès e Catedral de Saint Maló (Francia), na Igrexa de San Nicolás (Praga), no Teatro Colón (Buenos Aires), entre moitos outros.