O xurado da XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Música, formado por  Alejo Amoedo, pianista e investigador, gañador da edición anterior; Bea Camiña, comunicadora cultural; Juan Durán, compositor; Najla Shami, cantante e compositora; Arturo Vaquero, produtor, responsable de Abrigueiro Estudios; Woyza, cantora e compositora e Claudia Morán, xornalista, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Orquestra Vigo 430; Ugia Pedreira e Isabel Samartim.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Ugia Pedreira.

O xurado salientou de Ugia Pedreira a súa traxectoria creativa, interpretativa e formativa como cantora de raíz mariñán que desenvolveu un proxecto artístico alternativo vencel