P1050088

O xurado da modalidade de Música, formado por Luís Soto, membro de TAC, gañador da edición anterior; Joaquín Carvajal, director do Coro Clásico de Vigo; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista; Óscar Losada Castro, xornalista; Julio Gómez, director de Sin Sal, Lucía Riveiros Vázquez, soprano e Manuel Bragado, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Historia da Música en Galicia de Lorena López Covas, Berrogüetto e Germán Díaz. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar o premio por maioría a Berrogüetto. O xurado salientou “a excelente traxectoria artística de case vinte anos do grupo vigués, constituíndose nunha referencia imprescindible na música de raíz galega, e un conxunto de prestixio no panorama internacional que deixa un legado permanente na nosa cultura”.