Na Lua

Na Lúa foi un sexteto musical galego. Estes mesturaban a música tradicional galega con influencias chegadas de todos os rincóns do mundo para darlle un enfoque máis actual e global.

O sexteto, formado nos anos 80, estaba composto por Xosé Ramón Pas Antón, guitarrista e percusionista; Antón Rodríguez, frauta; Candido Lorenzo no clarinete e gaita; Xabier Debesa no acordeón; Ricardo Pereiro en baixo e Xabier Camba Abel na percusión.