Carlos Villanueva

Carlos Villanueva (Melilla, 1949) é músico. Catedrático de Música na Universidade de Santiago, doctorouse nesta universidade coa tese ‘Los Villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo’. Ten publicados ó longo destes anos varios libros, como autor ou como editor: ‘Los Villancicos Gallegos’, ‘El Pórtico de la Gloria. Música Arte y Pensamiento’, ‘Los Villancicos en gallego de Melchor López’, ‘Polifonía Galega’, ‘Las lamentaciones de Semana Santa de José de Vaquedano’ o ‘Los sonidos del Pórtico’, así como os catálogos das catedrais de Tui e Mondoñedo e outras publicacions relacionadas co mundo medieval: ‘La imago Musicae del Pórtico de la Gloria’, ‘Cantigas do mar (Homenaxe a Joan de Cangas, Mendiño e Martín Codax)’, ‘La Música en Piedra en el Camino de Santiago’ (para el congreso Internacional de Oviedo, 1998), ‘As cantigas do mar de Martín Codax’, ‘Criterios, fontes e materiais para interpretación da música medieval Galega en Galicia’ e ‘O feito diferencial’, entre outras. 

Formado musicalmente no Seminario de Lugo co mestre José Castiñeiras e o violinista Ramón Martínez, onde foi primeiro organista, fundou en 1977 ‘In Itinere’ (Grupo de Cámara da Universidade), grabando un bo números de discos que conseguiron unha grande relevancia nacional e internacional. Tamén é crítico musical.