Xuventudes musicais de VigoAs xuventudes musicais de Vigo son un grupo sen ánimo de lucro que teñen  como obxectivo promocionar e difundir por calquera medio as artes en xeral, e a música en particular, sen ningún tipo de discriminación por razón de: idade, sexo, cór da pel, crenzas relixiosas, ideas políticas (pacíficas), posición social (non discriminatoria),etc.

Para isto, dende hai 32 anos, organizan diferentes actividades como cursos, concursos, conferencias, xornadas de música electroacústica, programas de radio, ciclos de concertos, ciclos de xóves intérpretes, festivais, concertos de música clásica, jazz, rock, música tradicional,etc.