Alumnos de Música en Compostela

Os Cursos Universitarios e Internacionais, Música en Compostela, foron creados no ano 1958, por iniciativa do mestre Andrés Segovia, apoiado polo diplomático, José Miguel Ruíz Morales, á sazón Director Xeral de Relacións Culturais no Ministerio de Asuntos Exteriores e Presidente de Música en Compostela dende o seu inicio ata o seu falecemento no 1974.

Dende entón, os cursos veñen celebrándose todos os veráns en Santiago de Compostela, unha das cidades máis fermosas do norte de España, mantendo a súa finalidade de informar, interpretar e cultivar a música española, ideal que transmiten cada edición ós 120 alumnos, dunhas máis de vinte nacións que se matriculan nos cursos cada ano.

(Foto: La Voz de Galicia)