Xesus Bal y Gay

Xesús Bal y Gay (Lugo, 1905 – Madrid, 1993) foi un músico galego. Viviu a súa infancia e mocidade en Lugo. En 1924 vaise a Madrid e vive na Residencia de Estudiantes, onde toma contacto coa Institución Libre de Enseñanzae un ambiente de traballo que lle gusta e lle permite o seu desenvolvemento persoal. No 1926 comeza a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 vai aCambridge mediante unha bolsa, lugar no que pasa 3 anos. Liga esta saída de España co seu exilio en México, a pesar de que o comezo da guerra civil cólleo, coa súa esposa, en Lugo. No exilio, ó que vai invitado polo presidente Lázaro Cárdenas, queda ata 27 anos despois, é dicir, ata o 1965. Nese ano volve a España, lugar no que morre en 1993. 

Entre a súa obra destacan “Hacia el ballet gallego (Lugo, 1924) e “Folklore musical (de Melide) (Santiago, 1933).