Cerámicas de Xabier Toubes

Xabier Toubes (A Coruña, 1947) é un ceramista galego. A súa actividade artística céntrase, principalmente, na cerámica, da que é un constante investigador e un destacado renovador no panorama internacional. Cunha sólido linguaxe, parte de conceptos tradicionais para evolucionar cara unha obra apartada de convencionalismos, dotada dunha gran expresividade e incuestionables condicións de plasticidade e intimidade. Modela terracota, gres e porcelana, que a veces recubre de barnís e esmaltes de distintas calidades (mates, brillantes, opacos ou transparentes), en busca da expresión de cor, da liña e a interposición de texturas, baseandose na abstración das formas e fundamentándose no profundo coñecemento do material empregado.