César Portela

César Portela (Pontevedra, 1937) é un arquitecto galego.  Cursou estudos de arquitectura nas Escuelas Técnicas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona. Tras a súa graduación en 1966, obtivo, no ano 1968, o grao de doutor.

Profesor Invitado en numerosas Universidades e Instituciós de todo o mundo, tamén dirixiu diversos Seminarios e Talleres de arquitectura. En 1999 foi Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura Española polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba e ten recibido tamén diversas distincións e honras de institucións nacionais e internacionais.