O edificio Vicente SuarezXosé Bar Boo (Vigo, 1922 – 1994) foi un arquitecto galego. Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960. En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. Foi decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia entre os anos 1977 e 1979, vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Entre a súa obra destacan: o edificio Pastibar en Vigo, antiga sede da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na cidade olívica (1957); o edificio Plaza de Compostela (1963), na Praza de Compostela de Vigo;  o Policlínico Cíes en Vigo (1967) e o edificio de vivendas na Illa de Toralla, entre outros.