Francisco LeiroFrancisco Leiro (Cambados, 1957) é un escultor galego. 

O propio artista adoita chamar a algunhas das súas pezas «cousas», porque en certo modo son indefinibles. Tódalas materias son válidas para as súas formas, aínda que sen dúbida é a madeira, os vellos e añosos troncos de carballos e castiñeiros, onde mellor se expresa. 

A súa obra aparece en lugares públicos: illa das Esculturas, Biarritz, institutos de Ensino Medio de Carril, estación de Renfe en Vigo, Concello de Vigo… A cidade olívica encargoulle unha obra, xa coñecida como O Sereo. Aceiro inoxidable sobre dúas altas columnas de granito pulido, verdes e negras. Olla o mar e vixía a cidade na súa vella Porta do Sol. A súa obra está tamén en museos de arte moderna de todo o mundo.