Pedro de Llano

Pedro de Llano (A Coruña, 1947) é un arquitecto galego. Estudou arquitectura na ETSA de Madrid. Na actualidade é catedrático de Análise Arquitectónico da escola da súa cidade natal, onde realizou a súa tese doutoral co título de Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega.

Ao mesmo tiempo, dende o seu permanente interese pola arquitectura contemporánea, publica un novo ensaio, Alejandro de la Sota. El nacimiento de una nueva arquitectura (1994), responsabilizase de exposicións como Álvaro Siza, obras y proyectos. (1995) e Le Corbusier. Viaje al mundo de un creador a través de 25 arquitecturas (1997), integrabase no equipo responsable da realización da  Guíade la arquitectura española (1920/2000), e adica parte da súa actividade ao estudo da relación entre a arquitectura, os espazos urbans e a arte contemporáneo, colaborando con Dan Graham na realización de varios dos seus pabillóns.