Edicións da revista Grial

A Revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia, dende 1963 e é considerada como un  como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas. Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade da Galiza, e informar e reflexionar sobre os más diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo. GRIAL entende a cultura coma un espazo aberto e interdisciplinar, onde as distintas áreas de coñecemento conflúen e se complementan, superada a vellouqueira división entre Humanidades e Ciencias Empíricas.

 

Texto: Galipedia