Enciclopedia Galega Universal

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con máis de 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, cun total de 7.280 páxinas), e conta cunha versión dixital dende 2008.

Editada por Ir Indo, conta con entradas dos santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais.

Ademais, cartografa polo miúdo as 53 comarcas galegas e os 315 concellos con máis de 4.000 parroquias e conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.

 

Texto: Galipedia