Romaxe da Asociación Irimia

A “Asociación Irimia” foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis débiles e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores. A romaxe é unha romería que se celebra cada ano no segundo sábado de setembro para vencellar festivamente fe e galeguidade. Estas leva máis de 30 anos de existencia e nela, unha vez cada ano e nun punto distinto da nosa xeografía, xuntanse entre 4000 e 6000 persoas de toda Galicia.