lavoz

No 1882, Juan Fernández Latorre funda A Voz de Galicia. Desde os primeiros anos, a súa mentalidade apunta á diversificación empresarial. En 1885, a propiedade do xornal pasou en exclusiva ás súas mans, e ese mesmo ano funda, xunto con Andrés Martínez Salazar, o selo editor Biblioteca Galega.

Esta editora, que gañou un lugar de honra na historia de Galicia pola súa dedicación temprana ao engrandecemento da cultura do país, tivo como principal meta a divulgación da obra de grandes escritores galegos. Anos despois, moitos deles serían reeditados nunha segunda etapa da Biblioteca Galega.

Máis dun século logo do seu nacemento, continúa fiel ás súas orixes e enriqueceu as súas achegas con numerosas series bibliográficas nas que se conxugan a historia e a tradición coa actualidade e a innovación.

No ano 2002, con motivo do 120 aniversario do nacemento da Voz de Galicia, púxose en marcha unha iniciativa editorial sen precedentes: a Biblioteca Galega 120. Esta colección bate todos os récords de vendas da literatura galega.

Reunir aos clásicos, aos trovadores medievais e aos escritores contemporáneos alcanzou os sete millóns de exemplares vendidos.

(Texto: La Voz de Galicia)