Arquivo-do-Reino-de-Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia ten a súa sede desde a súa fundación na cidade da Coruña. Na actualidade ocupa un edificio con vistas á baía no Xardí­n de San Carlos, ao carón da tumba do xeneral inglés John Moore.O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a toda clase de usuarios, que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

O Arquivo do Reino de Galicia é un centro de titularidade estatal e xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo na Coruña e funcionalmente da Dirección xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos.