Asociación de Funcionarios pola Normalización LingüísticaA Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ten as súas oríxes dous anos antes,aproximadamente, da súa constitución formal, que foi en 1984. Previamente un grupo de funcionarios e funcionarias  de administración local e da Xunta de Galicia, principiaron a traballar na galeguización dos procedementos administrativos. 

A finalidade da asociación é a defensa e promoción da lingua galega no territorio de Galicia, especialmente no ámbito das Administracións públicas.

Para levar a cabo a súa finalidade, a asociación poderá organizar actividades como publicacións, cursos, conferencias e xornadas, e colaborar coas Administracións públicas e con outras entidades públicas e privadas, para conseguir o obxectivo antedito.