Chano PiñeiroChano Piñeiro ( Forcarei 1954 – 1995) foi un cineasta galego que encarnou a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega 

A carreira cinematográfica de Chano Piñeiro iníciase en 1977 coa curtametraxe Os paxaros morren no aire, supostamente inspirada no Sempre en Galiza de Castelao. O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en 1984 cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en 35 mm, Mamasunción.O filme estréase o 28 de decembro de 1984 en Vigo e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abre a súa primeira emisión con Mamasunción. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro que xa non volvería a acadar tan altos cumios no futuro.
Texto: Galipedia