Arcadio López CasanovaArcadio López Casanova (Lugo, 1942) é un poeta galego. Licenciado en Filosofía e Letras, Profesor Titular de Filoloxía Española na Universidade de Valencia. A súa obra, recollida en numerosas antoloxías e historias literarias, foi traducida a varios idiomas. Entre a súa obra poética destacan: “Palabra de honor”, “Mesteres” e “Liturxia do corpo”, pola que recibiu o Premio Fundación da Crítica en 1984.