Silverio Rivas

Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) é un escultor galego. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino, Luís Torras e Camilo Nogueira. Tras recibir unha bolsa, marcha a estudar a Madrid. No ano 1971 realiza a súa primeira exposición individual na Sala de Exposicións da Caixa de Aforros de Vigo. En 1972 desprázase a París onde reside ata o ano 1973. En 1986 regresa a Vigo e traballa o granito Rosa Porriño na canteira “O Buraco” en Atios ata o ano 1922. A partir desa ata agora vive e traballa no seu obradoiro de San Xoán de Páramos, Tui. 

(Foto: Faro de Vigo)