Leopoldo Novoa

Leopoldo Nóvoa (Pontevedra, 1919 – París, 2012) foi un pintor e escultor afincado entre Arxentina e París con raíces galegas, que visitou a súa terra con frecuencia.

Os seus dibuxos, pinturas e murais, así como as pirografías (madeiras queimadas e pintadas) reflicten o seu impulso creador. Nas súas paisaxes mostra as súas lembranzas de Galicia en obras abstractas, sen recrear escearios nin anécdotas, con referencias do expresionismo abstrato e o informalismo, aínda que non se corresponde con ningún movemento. A súa obra está presente en Museos de Arte contemporáneo de todo o mundo e en grandes institucións.

Foto: La Opinión