2do dia Empape 2010 271

A Compañía Nova Galega de Danza, é o resultado dun proceso que comezou en 1988, cando os bailarines, Vicente Colomer e Jaime P. Díaz, alcanzan a súa madurez artística e profesional, e deciden axuntar esforzos para satisfacer as súas inquietudes en busca de novas formas de expresión.
Os puntos de partida eran distintos, pero o obxectivo era común: a fusión da tradición folclórica galega coa danza contemporánea.
O equipo creativo complétase tres meses despois coa incorporación de Xosé Lois Romeu, recoñecido compositor e intérprete de música galega de raíz, que acepta o reto de crear un estilo musical acorde coas pretensións coreográficas.
O 5 de abril de 2001 debutan, baixo a denominación de Compañía Trintaetres, no I Maratón de Danza de Madrid, no Teatro de Madrid, conseguindo un 4º Premio.O 28 de Xuño, son seleccionados para o XI Certamen de Danza Española e Flamenco, resultando finalistas. O 12 de setembro son invitados a participar na Gala do X Aniversario do Teatro de Madrid, da man de José Manuel Garrido, Director do Teatro de Madrid, que non só lles conduce polo terreo dos profesional, senón que bautiza a compañía como: NOVA GALEGA DE DANZA.

A nova compañía está formada por seis bailarines (Tres chico e tres chico), cinco músicos (Acordeón, Violín, Gaita, Percusión, Guitarra e Saxofón) e a voz inseparable do quejido galego.