Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.

É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Unha faceta ben importante nel é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor (1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como ‘Cando o mar foi polo río’, de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel Rivas.

A súa visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.

 (Texto: Galipedia)