Pepe Barro

Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é un deseñador. Os seus primeiros traballos datan de principios dos 70. O o nº 0 d’A Nosa Terra, un periódico semanal en lingua galega, marcou a vida profesional deste deseñador que, recen rematados os seus estudos na escola EINA de Barcelona, realiza o proxecto gráfico e ten a responsabilidade do deseño semana a semana, durante os dous primeiros anos de vida da publicación. Este proxecto asenta as raíces deste profesional en Galicia e orienta os seus traballos cara ó mundo da cultura galega —editoriais, grupos de teatro, revistas…—. En 1981 mostra os seus traballos na galería Sargadelos de Santiago de Compostela. Traballa dentro de Grupo Revisión Deseño, xunto con Lia Santana e Xosé Salgado.