González Millán

Xoán González Millán (O Grove, 1951 – New York, 2002) foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro. Estudou Filosofía e Letras e posteriormente Antropoloxía para doutorarse cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro pola Universidade da Cidade de New York. Ademais coordinou o primeiro Centro de Estudos galegos dos Estados Unidos e colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra.