Albino Prada Blanco e Abel López Rodríguez recibiron en 1979 o Premio de Ensaio da Fundación Premios da Crítica de Galicia pola súa obra “A outra economía galega”. Albino Prada (Terra do Bolo, 1955) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Economía de Galicia na Universidade de Vigo, institución que representa no Consello Económico e Social de Galicia. Abel López Rodríguez ten publicado tamén outras obras como “A poboación galega entre 1960 e 1961” e “A poboación galega no século XX”, xunto con Xosé Manuel Beiras.