Luís Álvarez Pousa

Luís Álvarez Pousa (Viladerrei, 1948) é un xornalista e escritor galego. Na actualidade é profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago). Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que foi o seu primeiro cronista político nos anos da Transición. Luís Álvarez Pousa foi fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade.

Entre as súas obras destacan: “Prensa ameazada. Desde a transición ó fraguismo” (Edicións Lea), “A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información” (Edicións Xerais) e “A contrapelo (estudio e edición dos artigos de Eduardo Blanco-Amor en La Voz de Galicia)” , entre outras.

Texto: Colexio de Xornalistas de Galicia

Foto: El País