Francisco-Sanpedro_Ojeda

Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego. Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política.

A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de NietzscheMarx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en |Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (ParetoSorel,Nietzsche…), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.

Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeitoA tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.

Traduciu e introduciu as edicións galegas de D’un désastre obscur de Alain BadiouL’existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica.

Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).

É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d’ A Trabe de Ouro.

(Texto: Galipedia)